top of page
Buscar
Foto del escritorCarlos Vila García

O mellor obxectivo: o alcanzable

Todos e todas temos cousas que nos gustaría conseguir. En moitas ocasións son simples fantasías que só pretendemos ter na nosa mente para pasar un anaco evadidos e desfrutando: a imaxinación é a caña para un montón de cousas, un recurso importante que hai que saber usar, iso si, sendo conscientes dos seus límites.


Ás veces queremos conseguir determinados obxectivos que poden quedar fóra do noso alcance, pero que sendo flexibles (isto é, chegar a algo semellante aínda que non sexa exactamente a idea orixinal) si podemos acadar.


Entón elaboramos un plan de acción e levámolo a cabo do mellor xeito posible. Pode ser, como xa comentei, que o obxectivo ideal quede fóra do alcance real das nosas accións, pero aí entra en funcionamento a valoración de resultados que teñamos feito: ter a consciencia de que chegar ao ideal non vai ser factible (polo menos nestes momentos) axuda moito a conseguir a meta que máis se aproxime.


Entón, tendo a idea clara de que ás veces hai obxectivos “irrealizables” ao 100%, o mellor é chegar ata donde poidamos, e sobre todo (crucial) desfrutar diso que podemos conseguir e non fliparnos co que non vai ser posible.

1 visualización0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page