top of page
Buscar
  • Foto del escritorCarlos Vila García

Volta ao tallo

Actualizado: 21 ene 2022

Xa comentei a semana pasada o da miña breve intervención nun programa da RTVG. Para outro programa tamén me expuxeron un novo tema do que falar. Xa vedes que estou feito un ser mediático a tope... A cuestión que me expuñan era sobre a volta ás rutinas despois dun período de vacacións.


Nesta ocasión inclúese algunha pregunta máis (comparando coa ocasión anterior) das gravadas orixinalmente cando viñeron a Claves, e tamén aparecen outros profesionais. No programa fálase da volta á rutina en xeral, que é sobre o que a min me preguntaron, e aparte fan referencia tamén á volta á rutina de nenos e nenas.

RTVG-Fun polo aire, prog. 678 (10/01/2022).

Ademais do que sae no programa, tamén nesta ocasión había algunha pregunta interesante que non incluíron, polo que fora que eles consideraron, e cousas que me pareceu interesante comentar sobre o tema pero do que non tiven ocasión. Aproveito agora.


Como xa comento no programa, as rutinas son imprescindibles e ao noso cerebro custaríalle moito vivir sen elas.Pero tamén é necesario saír delas de cando en vez para evitar a monotonía, o aburrimento e o mal rollo de que todo pareza sempre igual; así como estimular o noso cerebro para facer cousas novas, actividades diferentes, ter momentos de lecer e descanso, tempo para afeccións ou algún hobby, tempo para a familia, amizades, ou incluso para “non facer nada”.

RTVG-Fun polo aire, prog. 678 (10/01/2022).

A volta tampouco é igual para tódalas persoas, ou nuns momentos e outros, vai depender de moitas cousas: como teñamos pasado o tempo de vacacións, o valor que cada un lle dea ao tempo de lecer ou ao traballo...


A volta pode ser dura por razóns ben sinxelas: a pesar de que o traballo e as rutinas habituais son importantes, tamén supoñen responsabilidades das que hai que desconectar cada certo tempo, e cando nos afacemos a preocuparnos menos (quen o consiga, que oxalá sexades a maioría), agradecémolo un montón e acostumámonos rápido; de aí que a volta poida resultar complicada.


Outro factor importante ao respecto hoxe en día son os valores impostos polo neoliberalismo exacerbado que temos que aturar: produtividade a saco por riba de todo, consumismo exaxerado, condicións laborais duras e precarias, etc. Ante semellante panorama, a reincorporación ao mundo laboral vai resultar ser un pelín traumática ás veces.

Logo tamén entra en xogo a inventiva dos “expertos”, esa necesidade de buscar denominación para todo (pura idiosincrasia da especie humana): se en lugar de chamalo “depresión post-vacacional” se chamara “lenta e necesaria volta á rutina” sería algo un pouco diferente, aínda que pareza unha chorrada.


Por outra banda é importante a alternancia entre períodos de traballo e de lecer, non todo pode ser traballo ou todo lecer. Seguramente quen tivera unhas vacacións extremadamente longas chegaría un momento no que desexaría volver unha tempada á rutina (aínda que a maioría pensedes que non... ben, acabarían facendo rutinas igualmente: praia polas mañás, comida en tal sitio, paseo de 1 hora por aquí ou acolá...). Un caso claro é ter un período de baixa laboral enorme, independentemente do motivo acabas desexando volver ao tallo nalgún momento.


É bo saír das rutinas pero tamén volt ar a elas (ou incluso crear rutinas novas para variar). Sempre igual, sempre o mesmo non mola e empobrece a nosa calidade de vida, a creatividade, as emocións e sensacións, a nosa neuroloxía... a nós como persoas, vamos.

3 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page